Bibliotecas Mutantes

Un proxecto de animación á lectura no medio rural inspirado no movemento internacional Little Free Library

Pequenas casetas de intercambio de libros, feitas a man en madeira de castiñeiro, instaladas en concellos rurais para que ler e compartir sexa cousa de todas.

Alianza pola lectura no rural

Que é unha Biblioteca Mutante

As Bibliotecas Mutantes son unha iniciativa de Outonía Coop en alianza cos concellos que promove a lectura no medio rural. Seguindo o modelo das bibliotecas libres, instálase un dispositivo onde calquera persoa pode deixar ou coller libros, sen máis normas que o coidado compartido.

A responsable de cada caseta é toda a veciñanza: quen deixa os libros que máis lle gustaron para compartilos, quen deixa os que non lle convenceron pensando que a outra persoa si os vai gozar, e quen simplemente pasa a mirar se hai algo que lle apeteza levar.

A rede

Dende o seu inicio en 2024, a Rede de Bibliotecas Mutantes medrou ata sumar hoxe 8 concellos rurais de Galicia e Zamora. Unha proposta pioneira que integra estas localidades no movemento internacional das Little Free Library.

Como funciona?

Dispositivos autoxestionados, para todas as idades, sen horarios e coidados de xeito colectivo.

Colle e deixa

Podes coller un libro e deixar outro, só deixar, ou só coller.

Para todas as idades

O tamaño está pensado para que as crianzas cheguen tamén a elas.

Sempre aberta

Non ten horario nin chave: ao teu dispor a calquera hora.

Coidado colectivo

É responsabilidade de toda a veciñanza mantela viva e coidada.

Cada dispositivo está feito a man por Miguel, carpinteiro de Manzaneda, en madeira de castiñeiro con teito de cobre. Buscamos un deseño que se integre na paisaxe: bonito, coidado e adaptado tamén a persoas con mobilidade reducida.

O que inclúe o proxecto

Todo o necesario para que a túa aldea conte cunha biblioteca mutante: desde a instalación até a presentación e a dotación inicial de libros.

Instalación do dispositivo

Adaptado a crianzas e persoas con mobilidade reducida, feito en carpintaría local

Panel informativo

Un panel pedagóxico e atractivo que explica o funcionamento da biblioteca

Obradoiro de animación

Presentación aberta ao público en xeral

Dotación de libros

Libros actuais para dinamizar o dispositivo dende o primeiro día

Difusión en redes

Material de divulgación da iniciativa e da participación do concello

Mapa da rede

Integración da localización no mapa dixital da Rede de Bibliotecas Mutantes

Queres unha no teu concello?

Que che parece a idea?

Envíanos unha mensaxe cos teus comentarios para que os poidamos ter en conta para futuros proxectos!

Quen somos?

Outonía naceu co fin de xestar proxectos educativos desde e para os territorios rurais, fiando realidades e propostas a través dos feminismos, a sustentabilidade rural e o respecto pola memoria e o patrimonio inmaterial das nosas comarcas. 

Outonía nace coma esa primeira herba que inunda os prados de riqueza e alimento despois da sequía do verán, con forza e moita vida. Outonía tamén é tempo de outono, un tempo no que as casas labregas se enchen de provisións para pasar o inverno.
Outonía son todos os proxectos e ideas que están por vir.